A nosa historia

EDUCAR EDUCAREI nace dunha xenuina paixón pola educación combinada co desexo de mellorar esas contornas rurais que están a esmorecer.

Ofrecemos un espazo de aprendizaxe aberto nos arrabaldes de Ourense que nutre a necesidade que temos as persoas de manter contacto coa natureza e coa contorna social que temos ao noso arredor. 

Persoal especializado

As persoas que conformamos o proxecto estamos especializadas en educación da primeira infancia e de persoas adultas, así como en igualdade de xénero.

Asemade, atopámonos permanentemente en formación sobre metodoloxías educativas que combinan o coidado da infancia, a natureza, a posta en valor da comunidade e o xogo como elemento potenciador da aprendizaxe en todas as idades. 

En Educar Educarei temos o convencemento de que a creación de redes e o formar parte dunha comunidade activa de profesionais potencia e mellora día a día o noso labor coa infancia e coas persoas con quen intervimos.

Educar Educarei é un proxecto que sería imcomprensible sen o xeito que teñen de entender a educación as persoas que o conforman.

 Alba Eirey Pumar

Creadora de Educar Educarei e parte do equipo educativo.

Mestra de Educación Infantil e Primaria experta en igualdade de xénero e análise social. Formada en metodoloxías innovadoras, a aprendizaxe na contorna ou o xogo como elemento esencial do E-A.

Experiencia profesional en contornas educativas diversas, incluído o traballo con nenas e nenos en risco de exclusión, o que proporciona unha ampla bagaxe de ferramentas para atender á diversidade e un coñecemento amplo en Deseño Universal para a Aprendizaxe. 

Jorge Piñeiro Naval

Equipo educativo.

Pedagogo e traballador social especializado en igualdade de xénero coa perspectiva da análise social e orientación educativa. 

Experiencia profesional no seo de entidades como unha escola libre de ensinanza, un centro de menores ou unha Fundación desenvolvendo programas orientados á educación integral e ao acompañamento familiar. Especial dedicación á dinamización comunitaria dende a organización de obradoiros socioeducativos. 

Únete a nós

Se sentes curiosidade polo que facemos, se pensas que a túa familia podería desfrutar dos nosos servizos ou se simplemente queres coñecernos a nosa porta está aberta. 

Chámanos e contámoscho todo.

©Dereitos de autoría. Todos os dereitos reservados.

Necesitamos su consentimiento para cargar las traducciones

Utilizamos un servicio de terceros para traducir el contenido del sitio web que puede recopilar datos sobre su actividad. Por favor revise los detalles en la política de privacidad y acepte el servicio para ver las traducciones.