Educación no rural
Un pequeno emprendemento que procura mellorar as oportunidades educativas no rural galego.
Para todas aquelas persoas e lugares que a miúdo se esquecen.
Educar Educarei é un espazo de encontro, a ollada compartida entre xeracións, a escoita activa das voces silenciadas.
Educar Educarei é o voltar á presencia, a reivindicación da nosa identidade, a construción de pontes dende, para e coa comunidade.
Educar Educarei é a ruptura co inmobilismo nas escolas, o aprender a desaprender aquilo imposto como límites, entender que o xogo é a mellor das oportunidades educativas.
Educar Educarei é rebulir na terra, rastrexar ideas, transformar a realidade coas mans.
Educar Educarei é a loita contra o esmorecer das nosas raíces, a eclosión do perenne, pedagoxía itinerante.
Compromomiso coa educación
As persoas que formamos parte deste proxecto temos anos de traxectoria traballando con nenas, nenos e familias en risco de exclusión social.
Dende este punto de partida, fomentamos o desenvolvemento integral da rapazada dende a primeira infancia aproveitando as oportunidades que a vida real e a contorna nos outorgan para a aprendizaxe.
A nosa misión é garantir unha educación de calidade considerando o aspecto máis crucial da infancia como o noso eixo vertebrador: a súa curiosidade e necesidade de explorar o mundo.
Onde atoparnos
Teléfono: 623 513 991
Correo electrónico: educar.educarei@gmail.com
Dirección: Lugar Palmés, 32981, Ourense, España
