A nosa metodoloxía

Como traballamos?

PEDAGOXÍA ITINERANTE

Esta metodoloxía que nos é propia baséase na aprendizaxe en contexto. Isto é, aproveitar as oportunidades e posibilidades educativas que a vida real nos ofrece. Implica aprender as letras lendo a cartelería dos comercios da aldea; implica entender o ciclo da vida recollendo os tomates da horta; implica aprender historia conversando coas mulleres maiores que están ao redor. 

Pedagoxía itinerante é acudir a aqueles lugares onde o aprender xorde de maneira natural. A nosa aula é o propio mundo.

 

EDUCACIÓN ARTESANAL

Artesanía (subs. fem.): Técnica ou arte do artesán, que ten como finalidade a elaboración de produtos dun xeito manual utilizando medios e métodos de produción tradicionais.

Por que artesanal? 

  • Porque é sostible, non se pode producir en masa, hai unidades limitadas que lle dan un valor incalculable.
  • Porque está deseñada con agarimo e coidado.
  • Porque está feita a lume lento, vai paseniño.
  • Porque se fai coas mans e para as mans.
  • Porque cada proposta é única, diferente e moi pensada.
  • Porque coida da tradición e promove o seu perdurar.
  • Porque mira polas persoas e pola Nosa Terra.

 

 

 

Estamos aquí para acompañarte se buscas un novo xeito de educar.

Os nosos servizos

Se chegaches ata aquí quizais estás pensando «Soa ben, pero que é isto realmente?»

Escola infantil 
(2-6 anos)

Estamos a poñer en marcha unha pequena escola infantil na contorna rural. É un lugar onde comezaremos o día cun paseo pola natureza, onde prepararemos o almorzo xuntas arredor do lume, onde crearemos coas nosas mans.

Teremos un horario amplo e flexible para adaptarnos ás necesidades de cada familia. Faremos, por tanto, horarios personalizados. 

Apoio socioeducativo

Organizamos sesións de apoio educativo dende unha perspectiva transversal, favorecendo a aprendizaxe competencial, pero a de verdade. Xogamos e desenvolvemos pequenos proxectos que teñen repercusión na contorna, indo moito máis aló do papel.

Imaxinades aprender lingua ou matemáticas desenvolvendo unha pequena reforma na aldea?

Obradoiros e programas

Organizamos actividades máis puntuais para a aprendizaxe e o desfrute das crianzas ou para particicipar en familia, en comunidade.

Igualmente, contamos con outros programas educativos que se manteñen estables dentro do noso proxecto, eses onde o noso soño de vai tornando realidade de vagariño. Tamén temos a opción de facer talleres en centros educativos.

Ocio e conciliación familiar

Convertémonos nun lugar do que se pode formar parte de xeito puntual, tendo a certeza de que o tempo se converterá nunha enorme oportunidade de aprendizaxe e desfrute na contorna rural e natural, coa riqueza que isto implica. 

Non importa o tempo que sexa, mesmo cando vaiades facer recados.

Formación a profesionais

Non hai calidade educativa sen actualización constante. Ofrecemos a posibilidade de formar profesionais na metodoloxía que nos é propia: a pedagoxía itinerante.

Asemade, organizamos visitas pedagóxicas para docentes e profesionais do terceiro sector co gallo de ver e aprender do que facemos in situ. Así, contextualizamos aquilo do que falamos. 

Asesoramento a familias

Se procurades unha nova forma de acompañar a aprendizaxe das crianzas temos a opción de desenvolver asesoramentos personalizamos. 

Organizamos encontros regulares para analizar as necesidades e características de cada familia de cara a deseñar unha intervención conxunta e establecemos canles de comunicación continua.

©Dereitos de autoría. Todos os dereitos reservados.

Necesitamos su consentimiento para cargar las traducciones

Utilizamos un servicio de terceros para traducir el contenido del sitio web que puede recopilar datos sobre su actividad. Por favor revise los detalles en la política de privacidad y acepte el servicio para ver las traducciones.