Os nosos proxectos
REBULIR
Todo o que facemos coa cativada enmárcase dentro deste Rebulir.
Un verbo que se contrapón ao estatismo que se lle esixe ás nenas e nenos nas escolas máis tradicionais. En Educar Educarei apréndese fedellando, como non podería ser doutro xeito.
A cativada é movemento, deixémola ser.
CLAREXAR
Clarexar é un programa educativo e comunitario dirixido a mulleres maiores do medio rural da provincia de Ourense, concibido como unha resposta achegada, humana e transformadora ante a soidade, o illamento e a falta de espazos de encontro que afectan de xeito especial a este colectivo.
É un proxecto que non procura ocupar o tempo, senón habitalo xuntas, tecendo vínculos, memoria e comunidade aló onde máis se necesita.
ESPAREXER
Programa galego para o intercambio de caixas de aprendizaxe. Poñemos en marcha esta iniciativa orientada ao intercambio de experiencias e propostas didácticas entre profesionais galegas.
Creamos una pequena proposta didáctica e organizámola en formato caixa de aprendizaxe para facela viaxar pola nosa Terra.

Educar Educarei
Asociación pedagóxica e social
Constituímos tamén unha asociación co noso nome porque buscamos poder actuar con colectivos e persoas a través de financiamento público.
A Administración debe ocuparse de asegurar o benestar de aquelas persoas que non poden facelo por si mesmas, polo que organizamos programas e actividades que teñen un verdadeiro interese social para as persoas que habitan a nosa comunidade.
