Educación no rural

Un pequeno emprendemento que procura mellorar as oportunidades educativas no rural galego.

Para todas aquelas persoas e lugares que a miúdo se esquecen.

Educar Educarei é un espazo de encontro, a ollada compartida entre xeracións, a escoita activa das voces silenciadas.

Educar Educarei é o voltar á presencia, a reivindicación da nosa identidade, a construción de pontes dende, para e coa comunidade.

Educar Educarei é a ruptura co inmobilismo nas escolas, o aprender a desaprender aquilo imposto como límites, entender que o xogo é a mellor das oportunidades educativas.

Educar Educarei é rebulir na terra, rastrexar ideas, transformar a realidade coas mans.

Educar Educarei é a loita contra o esmorecer das nosas raíces, a eclosión do perenne, pedagoxía itinerante.

Compromomiso coa educación

As persoas que formamos parte deste proxecto temos anos de traxectoria traballando con nenas, nenos e familias en risco de exclusión social.

Dende este punto de partida, fomentamos o desenvolvemento integral da rapazada dende a primeira infancia aproveitando as oportunidades que a vida real e a contorna nos outorgan para a aprendizaxe. 

A nosa misión é garantir unha educación de calidade considerando o aspecto máis crucial da infancia como o noso eixo vertebrador: a súa curiosidade e necesidade de explorar o mundo. 

Pola presente acepto que estes datos se almacenen e procesen coa fin de establecer contacto. Son consciente de que poido revocar o meu consentimento en calquera momento. *

* Encha todos os campos obrigatorios.
A mensaxe enviouse correctamente.

Onde atoparnos

Teléfono: 623 513 991

Correo electrónico: educar.educarei@gmail.com

Dirección: Lugar Palmés, 32981, Ourense, España

©Dereitos de autoría. Todos os dereitos reservados.

Necesitamos su consentimiento para cargar las traducciones

Utilizamos un servicio de terceros para traducir el contenido del sitio web que puede recopilar datos sobre su actividad. Por favor revise los detalles en la política de privacidad y acepte el servicio para ver las traducciones.